domingo, 16 de agosto de 2015

Funestos recordos. Borges e os espellos da memoria.

  Con renovados folgos, a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela encara un novo “curso” e o estrea propóndovos un parladoiro --o venres 4 de setembro, ás 20:30 horas, no primeiro andar da Casa da Cultura-- en torno a un relato do universal escritor arxentino Jorge Luis Borges: Funes el memorioso.

 
  Atar unha corda ao dedo, debuxar un xe no anverso da man, cambiar de pulso o reloxo... 
Hai mil trucos caseiros para auxiliar á memoria pero, e se esta fora infalíbel e constante

  O inimitábel Jorge Luis Borges lévanos ao bordo mesmo do real cunha historia inquietante, Funes el memorioso

  Guiados pola pericia do filósofo Roberto Lago Fernández, iremos debullando este maxistral relato para internarnos así en todas as súas poliédricas posibilidades e recunchos, na busca das preguntas esenciais.

  Unha cita ineludíbel coa memoria, o tempo e os sentidos. Que ninguén se esqueza!

  ______________________________________________________________________


Funestos recordos. Borges e os espellos da memoria.
Con Roberto Lago Fernández
Casa da Cultura, Redondela. 20:30 h. - 4 de setembro, 2015

 _______________________________________________________________________




No hay comentarios :

Publicar un comentario