lunes, 8 de junio de 2015

O Grande Inquisidor


     O pasado venres, 5 de xuño, Pedro Bravo, profesor de filosofía do IES Sabón de Arteixo, visitou a nosa vila; mais non para gozar das Festas da Coca, senón para axudarnos a entender mellor e sacar un mellor aproveitamento da nosa lectura de “O Grande Inquisidor” de Dostoievski.

     O coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas preparou para nós, a modo de introdución, unha interesante presentación de diapositivas.


     Posteriormente, o noso compañeiro David Faro presentou a tan especial convidado.

      Debatemos, durante algo máis de dúas horas, sobre temas como a liberdade, Deus, a verdade, o poder, a humanidade...




     E quedamos con ganas de seguir.

No hay comentarios :

Publicar un comentario