A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, en
colaboración co Concello e as devanditas bibliotecas, organiza unha
charla-coloquio arredor das revoltas irmandiñas: Irmandiños: verdade e
mito. O profesor Mario López Vittori achegaranos ás causas,
desenvolvemento e fracaso deste levantamento social; así como ás súas
consecuencias no devir da historia de Galiza. Será o vindeiro venres, 17
de novembro, ás 20:30 horas na aula 6 do Multiúsos do Piñeiral do
Crego, en Chapela.
domingo, 12 de noviembre de 2017
martes, 28 de febrero de 2017
lunes, 6 de febrero de 2017
Un universo de emocións
Trescentas sete. Ese é, segundo explicou Rosa o pasado venres día 3 no noso parladoiro do mes de febreiro, o número de emocións distintas que o ser humano é capaz de diferenciar. Unha xestión axeitada das mesmas permite acadar unha mellor realización persoal e, ademais, é coadxuvante no camiño do éxito persoal e profesional.
Nunha xuntanza intensa, cunha sala abarrotada e participativa, Rosa Encinas, presentada donosamente por David Faro, pilotou unha viaxe á galaxia dos sentimentos seguindo a autores como Gardner, Goleman ou Bisquerra. Dese modo, logrou ofrecer con elegante concisión unha visión xeral dos últimos avances no campo da aprendizaxe emocional. Salientou a relatora que esa é unha tarefa que nunca debe ser considerada illada ou puntualmente, senón coma un proceso continuado que se desenvolve en paralelo á propia existencia.
As diversas facetas da intelixencia, a necesidade de momentos de reflexión ou os camiños cara unha actitude positiva foron outros fitos destacábeis da charla.
Tras a exposición e algúns valiosos consellos bibliográficos, xerouse un debate vibrante no que se intercambiaron puntos de vista, especialmente relacionados coas estratexias máis adecuadas para cativos e adolescentes. A dinamizadora propuxo diversas medidas e técnicas extraídas da súa práctica docente.
Ante ese océano tan inmenso, Rosa ofreceu unha excelente clase de natación; agora é tempo de saltar á auga e prácticar de forma autónoma. ¿Mollámonos?
Nunha xuntanza intensa, cunha sala abarrotada e participativa, Rosa Encinas, presentada donosamente por David Faro, pilotou unha viaxe á galaxia dos sentimentos seguindo a autores como Gardner, Goleman ou Bisquerra. Dese modo, logrou ofrecer con elegante concisión unha visión xeral dos últimos avances no campo da aprendizaxe emocional. Salientou a relatora que esa é unha tarefa que nunca debe ser considerada illada ou puntualmente, senón coma un proceso continuado que se desenvolve en paralelo á propia existencia.As diversas facetas da intelixencia, a necesidade de momentos de reflexión ou os camiños cara unha actitude positiva foron outros fitos destacábeis da charla.
Tras a exposición e algúns valiosos consellos bibliográficos, xerouse un debate vibrante no que se intercambiaron puntos de vista, especialmente relacionados coas estratexias máis adecuadas para cativos e adolescentes. A dinamizadora propuxo diversas medidas e técnicas extraídas da súa práctica docente.
Ante ese océano tan inmenso, Rosa ofreceu unha excelente clase de natación; agora é tempo de saltar á auga e prácticar de forma autónoma. ¿Mollámonos?
lunes, 23 de enero de 2017
Falando de... aprendizaxe emocional
Acción, reacción. Ante os estímulos, respondemos; o noso
ánimo cambia, mais, ¿é todo tan incontrolábel?
Entender as nosas emocións, xestionar os nosos desexos,
canalizar as esperanzas antóllanse tarefas vitais nun tempo no que a
intelixencia, antano considerada estática e monolítica, é entendida de xeito
global segundo un modelo múltiple e dinámico.
Rosa Encinas introduciranos nesas procelosas augas nunha
xuntanza na que se ha debater, desde a práctica, sobre a intelixencia
emocional, o seu sentido e a súa aplicación. A cita, o día 3 de febreiro na
Casa da Cultura de Redondela, 20:30h.
¡O intelixente sería asistir!
lunes, 2 de enero de 2017
LeoloGO
O mapa guía da operación do LeoloGO. Pasa por todas as Leoloparadas e recolle as tarxetas que certifican que así o fixeches e.... ¡¡¡Libro!!!
domingo, 29 de mayo de 2016
Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy
O vindeiro venres 3
de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela, última entrega desta
segunda xeira de parladoiros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais:
Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy. Atrevido
título, para unha proposta atrevida.
Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela, achegaranos
á revista Playboy “un Disneyland para
adultos hecho de mansiones, camas redondas, grutas tropicales, habitaciones
temáticas, circuitos de vigilancia, piscinas transparentes, residencias de
conejitas, aviones equipados con pista de baile y termas romanas...”,
segundo palabras da contraportada da obra de referencia da xornada: Pornotopía:
arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría.
E así
describe Preciado o seu ensaio. Como unha análise de “como la pornografía se convierte en los años 50 en una cultura de masas
y como la masturbación se va a convertir, después de la Segunda Guerra Mundial,
en una plataforma de producción de capital”.
A través do correo da asociación pódese solicitar o fragmento
da obra seleccionado en formato pdf.
amigosbibliotecasredondela@gmail.com
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)


