Admirádevos do preciosas que estaban |
Tras
unhas breves palabras do concelleiro, Javier Alonso, ambas leron dous pequenos
textos: Rosa o Soneto 116 de
William Shakespeare e Carmen María a Carta de Don Quijote a Dulcinea de Miguel de
Cervantes.
Non estaría mal facer unha enquisa para dilucidar
cal das dúas
opcións é a máis romántica ;)
De seguido, procedeuse a destapar un cubo didáctico con información moi
interesante relativa a propia conmemoración do Día do Libro e ás figuras de Cervantes
e Shakespeare.
E como peche do acto, unha sentida interpretación da peza
Negra sombra –Xoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu ao poema de Rosalía de
Castro un alalá recollido na Cruz do Incio– por parte dunha saxofonista da
Banda de Música de Chapela.
No hay comentarios :
Publicar un comentario