sábado, 18 de abril de 2015

X Aniversario da Biblioteca de Chapela

     Onte foi un gran día. A Axencia Municipal de Lectura de Chapela cumpría dez anos e, grazas ás grandes doses extras de traballo, ilusión e tensión despregadas nos últimos meses por María José e Miguel, os varios centos de persoas de todas as idades que ao longo da tarde e primeiras horas da noite nos fomos achegando ao Auditorio do Piñeiral do Crego, puidemos gozar dunha xornada inesquecíbel.  

     Aí vos queda unha pequena mostra do que a “Noite Branca” da Biblioteca de Chapela foi.

     Os monicreques e o bo facer de Tarabelos encheron a sala de cativos, da maxia dos contos de sempre e dos seus olores, de risas, de cor...


     Tras a proxección dunhas curtametraxes de animación (grazas a xenerosidade de OQO Editora) tivo lugar a cerimonia de entrega de premios do concurso de debuxo A túa biblioteca imaxinada.


     Velaí dous vídeos: un no que se mostran todos os debuxos presentados ao concurso e outro dos debuxos elixidos –tras longas e complicadas deliberacións– polo xurado.

     Un pequeno intermedio para coller folgos, prepararnos para poñernos un pouco máis serios e pasar polo “Photocall”...
       Arrancando a segunda parte, a Coral Piñeiral do Crego deleitounos con tres preciosas cantigas galegas e unha posta en escena inspirada na nosa literatura.


     María José e a Banda de Música de Chapela encheron o ar de música e palabras cos seus contos musicados.


     Precioso  concerto lírico de Conchi Rodríguez Fariña, Silvia González Peón e Josefa Dorado, acompañadas ao piano por Alberto Vilas.


     E para rematar a festa.... Moito rock and roll, o que levan nas veas os mozos da familia Jorge: Los desconocidos.



1 comentario :

  1. Una celebración preciosa,vibrante y emotiva como refleja este estupendo reportaje. Felicidades a todos los participantes!!!

    ResponderEliminar