martes, 10 de marzo de 2015

Arredor de Ana Frank


        


     O venres 6 de marzo tivo lugar na Casa da cultura de Redondela a primeira actividade organizada pola Asociación de Amigos das B.M. de Redondela en colaboración coa Fundación Filomena Rivero Alonso e as propias bibliotecas.

     Un grupo ben heteroxéneo de vinte e cinco persoas reunímonos, co gallo do setenta aniversario da morte de Ana Frank no campo de concentración de Bergen-Belsen, a debater en torno a súa figura. Partindo do intercambio de impresión sacadas da lectura do seu popularísimo diario, a conversa foi derivando cara a temas como o”mito” da resistencia francesa á ocupación alemá, o terrorismo islámico, o comportamento dos humanos en situacións de medo, a inmigración subsahariana, a valla de Melilla, o papel dos medios de comunicación de masas como vehículo de propaganda do “primeiro mundo”, a necesidade dunha educación intercultural e dun maior peso nos currículos de materias como a filosofía e a historia, o papel dos Cascos Azuis nos conflitos internacionais, a importancia de contar historias non só de heroes senón tamén de asoballados...




     O encontro foi moi enriquecedor, distendido  e entretido e quedamos con ganas de repetir.

      Desde a asociación queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á Casa da Cultura a compartir esta experiencias connosco; en especial a Jerónimo Pomares que, de xeito altruísta, se desprazou ata a nosa vila para introducir e coordinar a actividade.

No hay comentarios :

Publicar un comentario