Para
celebrar o seu primeiro aniversario, a Asociación de Amigos das Bibliotecas
Municipais de Redondela decidiu irse, virtualmente, de caza; coa inestimábel
axuda de Iñaki de Miguel, o noso guía de expedición que, con preciso tino, levantou a lebre e
soubo conducirnos entre lenes outeiros na procura desa grande peza de caza maior
que é un bo faladoiro. Os diversos aspectos da práctica cinexética, a súa
regulamentación e a súa ética, mesturáronse coas andanzas de Miguel Delibes, respaldo
libresco da xornada, compondo un debate vivo, polémico e enriquecedor.
Moitísimas
grazas, Iñaki! E moitísimas grazas tamén a todos os asistentes. Con propostas
como esta... como non imos ir tirando?
Presentación de Miguel Delibes que para a ocasión preparou Jerónimo Pomares.
No hay comentarios :
Publicar un comentario