miércoles, 8 de abril de 2015

Goza das estrelas cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela


       A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela  abre o prazo de inscrición para unha nova  actividade que, baixo o lema “Ata o infindo e máis aló”, recolle dúas propostas que xiran arredor do universo e os elementos que o conforman: unha sesión de “Libro-Fórum” na que se traballará unha coidada selección de textos feita polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, e que se desenvolverá no edificio Multiusos da Xunqueira o venres 8 de maio ás 20:30 horas; e unha visita guiada , por membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, ao Observatorio Astronómico de Cotobade, que terá lugar o sábado 9 de maio, con saídas desde Redondela e Chapela ás 20:30 horas.

     Ámbalas dúas actividades serán gratuítas e as súas prazas limitadas. As persoas interesadas poderanse inscribir, ata o día 1 de maio, a través do correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou no número de teléfono 647 688 067.

     A inscrición a cada unha das actividades é independente, é dicir, é posíbel apuntarse a só unha delas ou ás dúas; e poderanse sumar á visita ao observatorio cativos e cativas, maiores de 12 anos, acompañados dun adulto responsábel.

Lectura radiofónica de "El Quijote II". Terceira entrega




martes, 7 de abril de 2015

Lectura radiofónica "El Quijote II". Segunda entrega

Hoxe, en Radio Redondela, poidemos escoitar a...





lunes, 6 de abril de 2015

"El Quijote". 400 anos gozando da súa segunda parte



     Como xa nos adiantaban hai uns días desde as bibliotecas municipais ao longo deste mes do libro imos conmemorar os 400 anos da publicación da segunda parte de “El Quijote cunha lectura radiofónica dos primeiros capítulos desta obra.

     Máis de sesenta persoas se achegaron ata os micrófonos de Radio Redondela para prestarlle a súa voz a Miguel de Cervantes, e, unha vez máis, quedou demostrada a xenialidade do inmortal autor e da súa carismática obra, pois foron moitos os amigos e amigas que se mostraron emocionados e compracidos co fragmento que lles tocou ler.
 
     Diariamente iremos compartindo con vós os fragmentos que a radio municipal vaia emitindo. E non esquezades que, o día 23 de abril –Día Internacional do Libro– poderedes gozar da emisión continuada a partires das 20:00 horas.

     E agora demos paso a.... ¡¡os verdadeiros protagonistas!!




miércoles, 1 de abril de 2015

Libreando


     Ultimamente estamos moi traballadores. Será o Sol? As vacacións?... Sexa o que sexa, o certo é que temos novo proxecto ¡¡¡Un segundo blog!!!

     Si, si, si... esa é a nosa nova tolería. Mais, desta volta, non se trata dunha bitácora na que ir subindo novas –todas elas interesantísimas ;) – senón un lugar de encontro de lectores, un espazo no que todos poidamos verter as nosas vehementes  recomendacións e críticas descarnadas.
 
     Todos os meses faremos unha nova entrada na que poderedes atopar:

Redondela recomenda...
     Un dos nosos veciños dará un título e unha razón pola que non deberiamos deixar de lelo.Aproveitamos para das as grazas ao noso flamante valente número un ¡¡¡Graciñas Pablo!!!

     Dúas recomendacións feitas desde a Asociación –vale, cun pouquiño de axuda ultra secreta extraídas dos fondos das nosas dúas bibliotecas Municipais.

Aí vos queda o enlace... ¡¡¡A ver que vos parece!!!!

 http://libreandoblog.blogspot.com.es/

http://libreandoblog.blogspot.com.es/