|
A Asociación de
Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela abre o prazo de inscrición para unha nova actividade que, baixo o lema “Ata o infindo e
máis aló”, recolle dúas propostas que xiran arredor do universo e os elementos
que o conforman: unha sesión de “Libro-Fórum” na que se traballará unha coidada
selección de textos feita polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas
municipais, e que se desenvolverá no edificio Multiusos da Xunqueira o venres 8
de maio ás 20:30 horas; e unha visita guiada , por membros da Asociación Astronómica
Sirio de Pontevedra, ao Observatorio Astronómico de Cotobade, que terá lugar o
sábado 9 de maio, con saídas desde Redondela e Chapela ás 20:30 horas.
Ámbalas dúas
actividades serán gratuítas e as súas prazas limitadas. As
persoas interesadas poderanse
inscribir, ata o día 1 de maio, a través do correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com
ou no número de teléfono 647 688 067.
|
miércoles, 8 de abril de 2015
Goza das estrelas cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela
martes, 7 de abril de 2015
Lectura radiofónica "El Quijote II". Segunda entrega
Hoxe, en Radio Redondela, poidemos escoitar a...
lunes, 6 de abril de 2015
"El Quijote". 400 anos gozando da súa segunda parte
Como xa nos
adiantaban hai uns días desde as bibliotecas municipais
ao longo deste mes do libro imos conmemorar os 400 anos da publicación da
segunda parte de “El Quijote” cunha lectura radiofónica dos primeiros capítulos
desta obra.
Máis de sesenta
persoas se achegaron ata os micrófonos de Radio Redondela para prestarlle a súa
voz a Miguel de Cervantes, e, unha vez máis, quedou demostrada a xenialidade do
inmortal autor e da súa carismática obra, pois foron moitos os amigos e amigas
que se mostraron emocionados e compracidos co fragmento que lles tocou ler.
Diariamente
iremos compartindo con vós os fragmentos que a radio municipal vaia emitindo. E
non esquezades que, o día 23 de abril –Día Internacional do Libro– poderedes
gozar da emisión continuada a partires das 20:00 horas.
E agora demos paso a.... ¡¡os verdadeiros protagonistas!!
|
miércoles, 1 de abril de 2015
Libreando
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)


