miércoles, 8 de abril de 2015

Goza das estrelas cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela


       A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela  abre o prazo de inscrición para unha nova  actividade que, baixo o lema “Ata o infindo e máis aló”, recolle dúas propostas que xiran arredor do universo e os elementos que o conforman: unha sesión de “Libro-Fórum” na que se traballará unha coidada selección de textos feita polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, e que se desenvolverá no edificio Multiusos da Xunqueira o venres 8 de maio ás 20:30 horas; e unha visita guiada , por membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, ao Observatorio Astronómico de Cotobade, que terá lugar o sábado 9 de maio, con saídas desde Redondela e Chapela ás 20:30 horas.

     Ámbalas dúas actividades serán gratuítas e as súas prazas limitadas. As persoas interesadas poderanse inscribir, ata o día 1 de maio, a través do correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou no número de teléfono 647 688 067.

     A inscrición a cada unha das actividades é independente, é dicir, é posíbel apuntarse a só unha delas ou ás dúas; e poderanse sumar á visita ao observatorio cativos e cativas, maiores de 12 anos, acompañados dun adulto responsábel.

3 comentarios :

  1. No sé, espero que lo de ver las estrellas no sea porque nos vayan a calzar zapatos de dos tallas menos...

    ¡Gran iniciativa!, ¡arriba las estrellas, abajo los pozos mineros!

    ResponderEliminar
  2. A selección de textos que o coordinador dos clubs de lectura de adultos fixo leva por título "Astrolabios. Astronomía y literatura: una historia de amor". Atractivo, non si?

    ResponderEliminar
  3. Muy atractivo!!! Tanto el tema como el enfoque literario

    ResponderEliminar