Con renovados folgos, a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela encara
un novo “curso” e o estrea propóndovos un parladoiro --o venres 4 de setembro, ás 20:30 horas, no primeiro andar da Casa da Cultura-- en
torno a un relato do universal escritor arxentino Jorge Luis Borges: Funes el
memorioso.
Atar unha corda
ao dedo, debuxar un xe no anverso da man, cambiar de pulso o reloxo...
Hai mil
trucos caseiros para auxiliar á memoria pero, e se esta fora infalíbel e
constante?
O inimitábel
Jorge Luis Borges lévanos ao bordo mesmo do real cunha historia
inquietante, Funes el memorioso.
Guiados pola
pericia do filósofo Roberto Lago Fernández, iremos debullando este maxistral
relato para internarnos así en todas as súas poliédricas posibilidades e recunchos,
na busca das preguntas esenciais.
Unha cita
ineludíbel coa memoria, o tempo e os sentidos. Que ninguén se esqueza!
______________________________________________________________________
Funestos recordos. Borges e os espellos da memoria.
Con Roberto
Lago Fernández
Casa da Cultura, Redondela. 20:30 h. - 4 de setembro, 2015
_______________________________________________________________________
|
domingo, 16 de agosto de 2015
Funestos recordos. Borges e os espellos da memoria.
Suscribirse a:
Enviar comentarios
(
Atom
)
No hay comentarios :
Publicar un comentario