jueves, 21 de mayo de 2015

O grande Inquisidor. Palestra-coloquio


     O paradoxo do lume: o mesmo serve para alumear camiños que para queimar a quen os segue.

     O venres 5 de xuño, ás 20:30 horas na Cada da Cultura, os Amigos das Bibliotecas propoñen un debate especial no que literatura e filosofía van da man. Coa axuda do profesor de filosofía do IES de Sabón (Arteixo), esmigallaremos “O gran Inquisidor”, de Fiódor Dostoievski, unha intrigante peza, de carácter independente, incluída en “Os irmáns Karamazov”.

     Todas aquelas persoas interesadas no texto, curto en extensión mais de fondas repercusións, poden solicitalo ben en papel na Biblioteca de Redondela ou en pdf no noso correo:

Agardámosvos

No hay comentarios :

Publicar un comentario