sábado, 9 de mayo de 2015

Astrolabios. Astronomía e literatura


     Co desgusto  da anulación da vista ao observatorio de Cotobade por mor das antipáticas nubes recente poñémonos a redactar esta entrada do blog. Veña!, un bo xeito de lidar co baixón –co solciño morno que agora mesmiño loce nesta nosa Redondela—será lembrar o boísimo rato que onte pasamos.

     Na aula de pintura do edificio Multiúsos da Xunqueira, no día en que arrincaba a campaña electoral, reunímonos un grupiño de persoas a debater sobre unha serie de textos seleccionados polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais. O título da proposta era “Astrolabios. Astronomía e literatura: unha historia de amor” suxerinte, ¿non si?; e precisamente falando desta pequena brincadeira  a modo de xogo de palabras e da importancia do astrolabio arrincou a sesión.


    
     Jerónimo agasallounos co capítulo do libro de Neil MacGregor “La historia del Mundo en 100 objetos” (Debate, 2012) que o director do Museo Británico dedica ao astrolabio xudeu, un instrumento fabricado na España medieval.


ASTROLABIO JUDÍO 
Astrolabio de latón, probablemente de España  [1345-1355 d.C.]     
   Esta maqueta portátil del firmamento tiene forma de un exquisito ins­trumento de latón circular y se asemeja un poco a un reloj de bolsillo de gran tamaño. Se trata de un astrolabio, y con él en las manos puedo sa­ber la hora, medir distancias topográficas o calcular mi posición en el planeta mediante el Sol o las estrellas; y, si tengo suficiente información, incluso hacer mi horóscopo... Ler máis
     Inda que á hora de lelos os textos non parecían demasiados, a sesión fíxose moi curta para toooooodo o que levabamos para compartir. E si, comezamos con moita calma: comparando as temáticas e a forma de dous poemas de Emily Dickinson e de Thomas Transtömer; recreándonos a falar de “El Principito” e da lenda da “Dondella Luna”; ignorantes de que o tempo bulía, entregámonos a Alice Munro e a Asimov; mais, de súpeto, soaron dez badaladas na sala –metaforicamente, claro e nós sen aproximarnos á metade do noso cartaz... 



     Shakespeare (co precioso que era o seu soneto); o tigre de Blake e as estrelas de Clarke e de Wells; a Sociedade de limpadores de Cortázar (poderíamos ter enchido unha sesión comentando ese aparentemente inocente conto); o haiku, Ibn Hazm, , a saída do Sol de Donne (que romántico!) ¡Todo polo aire!

     Do que si demos boa conta foi dos doces... ¡Non todo vai ser alimentar o espírito!


      Grazas a Jerónimo e a Monroy;  a nosa fotógrafa Mercedes; e grazas tamén, e perdón, perdón, perdón... perdón,  a Juan. Que paciencia ten que ter con nós!!!!

9 comentarios :

  1. Xenial non!!! Máis que xenial, a sesión!!! Pero una mágoa non ter máis tempo!!! Cada sesión co coordinador é unha marabilla!!!

    ResponderEliminar
  2. Sí, Rosa; que afortunados somos de poder contar con su eficiente, amable y desinteresada colaboración.

    ResponderEliminar
  3. Despues de leer el interesante artículo sobre el astrolabio me quedo con ganas de aprender a utilizarlo, por si la tecnologia falla....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No es ninguna tontería eso... De hecho, en Estados Unidos -dónde no, claro- se está poniendo de moda la publicación de libros y la celebración de cursos de supervivencia; por si un día de estos nos quedamos sin electricidad, agua y demás comodidades de la vida moderna.

      Sobre su uso, parece un poco complicado al principio, pero en cuanto se le pilla el truco, es divertido. ;)

      A la próxima no puedes fallar, ¿eh? ;)

      Eliminar
  4. Unha mágoa non poder asistir, e falar deses textos tan interesantes e disfrutar da magnífica presentación. Moi orixinais os doces!, noraboa :) :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Noelia, bien sabemos que eres una genia repostera! Y son pocas las veces que te hemos agradecido tu generosidad para lo que te mereces... ¡pero fueron espectaculares las estrellitas de Marta. En tres tipos de chocolate, con una presentación impecable y un sabor realmente delicioso. Sin duda, la nota más dulce de toda la reunión... ;)

      Eliminar
    2. Pena que agotara con eso todo mi repertorio como cocinera thermomixera!! :D

      Eliminar
    3. Típica excusa para no hacer más, ¿no? :p

      Además, gran parte del éxito de la receta residía en su cuidada presentación. Definitivamente, fue una proeza trasportar esas delicias de la cocina al Multiusos conservando tan bellas y delicadas formas. Qué asombrosa habilidad la tuya, la verdad... :p

      Eliminar
    4. [img] http://1.bp.blogspot.com/-6ajIzNQcOqQ/VVHxoNLQJGI/AAAAAAAAAcw/o6g6FLbS1-k/s1600/solo%2Bno%2Bpuedes.jpg [/img]

      Eliminar