Onte foi un gran día. A Axencia Municipal de Lectura de
Chapela cumpría dez anos e, grazas ás grandes doses extras de traballo, ilusión e tensión despregadas nos
últimos meses por María José e Miguel, os varios centos de persoas de todas as
idades que ao longo da tarde e primeiras horas da noite nos fomos achegando ao
Auditorio do Piñeiral do Crego, puidemos gozar dunha xornada inesquecíbel.
Aí vos queda unha pequena mostra do que a “Noite Branca” da
Biblioteca de Chapela foi.
Os monicreques e o bo facer de Tarabelos encheron a sala de
cativos, da maxia dos contos de sempre e dos seus olores, de risas, de cor...
Tras a proxección dunhas curtametraxes de animación (grazas
a xenerosidade de OQO Editora) tivo lugar a cerimonia de entrega de premios do
concurso de debuxo A túa biblioteca imaxinada.
Velaí dous vídeos: un no que se mostran todos os debuxos presentados ao concurso e outro dos debuxos elixidos –tras longas e complicadas deliberacións– polo xurado. |
Un pequeno intermedio para coller folgos, prepararnos para poñernos un pouco máis serios e pasar polo “Photocall”... |
Arrancando a segunda parte, a Coral Piñeiral do Crego
deleitounos con tres preciosas cantigas galegas e unha posta en escena
inspirada na nosa literatura.
María José e a Banda de Música de Chapela encheron o ar de
música e palabras cos seus contos musicados.
Precioso concerto
lírico de Conchi Rodríguez Fariña, Silvia González Peón e Josefa Dorado,
acompañadas ao piano por Alberto Vilas.
E para rematar a festa.... Moito rock and roll, o que levan
nas veas os mozos da familia Jorge: Los desconocidos.
|
Una celebración preciosa,vibrante y emotiva como refleja este estupendo reportaje. Felicidades a todos los participantes!!!
ResponderEliminar