domingo, 29 de mayo de 2016

Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy


O vindeiro venres  3 de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela, última entrega desta segunda xeira de parladoiros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais: Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy. Atrevido título, para unha proposta atrevida.



Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela, achegaranos á revista Playboy “un Disneyland para adultos hecho de mansiones, camas redondas, grutas tropicales, habitaciones temáticas, circuitos de vigilancia, piscinas transparentes, residencias de conejitas, aviones equipados con pista de baile y termas romanas...”, segundo palabras da contraportada da obra de referencia da xornada: Pornotopía: arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría.

  


E así describe Preciado o seu ensaio. Como unha análise de “como la pornografía se convierte en los años 50 en una cultura de masas y como la masturbación se va a convertir, después de la Segunda Guerra Mundial, en una plataforma de producción de capital”.




A través do correo da asociación pódese solicitar o fragmento da obra seleccionado en formato pdf.
amigosbibliotecasredondela@gmail.com



sábado, 23 de abril de 2016

Celebración do Día do Libro

Esta tarde as nosas compañeiras da asociación Rosa e Carmen María participaron no acto que co gallo da celebración do Día do Libro a Concellería de Cultura de Redondela desenvolveu na Praza da Constitución. 

Admirádevos do preciosas que estaban



Tras unhas breves palabras do concelleiro, Javier Alonso, ambas leron dous pequenos textos: Rosa o Soneto 116 de William Shakespeare e Carmen María a Carta de Don Quijote a Dulcinea de Miguel de Cervantes.



Non estaría mal facer unha enquisa para dilucidar
cal das dúas opcións é a máis romántica ;)

De seguido, procedeuse a destapar un cubo didáctico con información moi interesante relativa a propia conmemoración do Día do Libro e ás figuras de Cervantes e Shakespeare.



E como peche do acto, unha sentida interpretación da peza Negra sombra –Xoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu ao poema de Rosalía de Castro un alalá recollido na Cruz do Incio– por parte dunha saxofonista da Banda de Música de Chapela.



Máis fotos no álbum do Facebook