domingo, 29 de mayo de 2016

Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy


O vindeiro venres  3 de xuño, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Redondela, última entrega desta segunda xeira de parladoiros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais: Pornotopía. A cama ultraconectada. Beatriz Preciado lê Playboy. Atrevido título, para unha proposta atrevida.



Antom, profesor de filosofía do IES do Sar de Compostela, achegaranos á revista Playboyun Disneyland para adultos hecho de mansiones, camas redondas, grutas tropicales, habitaciones temáticas, circuitos de vigilancia, piscinas transparentes, residencias de conejitas, aviones equipados con pista de baile y termas romanas...”, segundo palabras da contraportada da obra de referencia da xornada: Pornotopía: arquitectura y sexualidad en el Playboy durante la Guerra Fría.

  


E así describe Preciado o seu ensaio. Como unha análise de “como la pornografía se convierte en los años 50 en una cultura de masas y como la masturbación se va a convertir, después de la Segunda Guerra Mundial, en una plataforma de producción de capital”.




A través do correo da asociación pódese solicitar o fragmento da obra seleccionado en formato pdf.
amigosbibliotecasredondela@gmail.com



sábado, 23 de abril de 2016

Celebración do Día do Libro

Esta tarde as nosas compañeiras da asociación Rosa e Carmen María participaron no acto que co gallo da celebración do Día do Libro a Concellería de Cultura de Redondela desenvolveu na Praza da Constitución. 

Admirádevos do preciosas que estaban



Tras unhas breves palabras do concelleiro, Javier Alonso, ambas leron dous pequenos textos: Rosa o Soneto 116 de William Shakespeare e Carmen María a Carta de Don Quijote a Dulcinea de Miguel de Cervantes.



Non estaría mal facer unha enquisa para dilucidar
cal das dúas opcións é a máis romántica ;)

De seguido, procedeuse a destapar un cubo didáctico con información moi interesante relativa a propia conmemoración do Día do Libro e ás figuras de Cervantes e Shakespeare.



E como peche do acto, unha sentida interpretación da peza Negra sombraXoán Montés Capón (Lugo 1840-1899) uniu ao poema de Rosalía de Castro un alalá recollido na Cruz do Incio– por parte dunha saxofonista da Banda de Música de Chapela.



Máis fotos no álbum do Facebook


sábado, 5 de marzo de 2016

Cabo Verde en Galicia

     Na tardiña de onte vivimos unha apaixonante viaxe a Cabo Verde sen abandonar as perladas cadeiras da sala de exposicións do Multiúsos do Piñeiral do Crego. Así de grande foi a enerxía e entusiasmo coa que a relatora da terceira entrega desta rolda dos coloquios trimestrais que promove a Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, María José Villar,  nos falou da súa estadía, dentro do programa Vacacións con traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, naquelas afastadas terras.




Moitísimas grazas, María José.