A escribir!!! É o que hoxe vos propomos desde a Asociación
de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, coa guía maxistral de Miguel
Ángel Alonso Diz. Este escritor e tradutor ofreceranos un obradoiro de escritura
creativa, no que tamén coñeceremos os diferentes aspectos do mundo da edición.
Aquí o mestre en acción:
A data da actividade é o mércores 2 de decembro, no
Multiúsos do Piñeiral do Crego (Chapela).
Atención amigos!! Lamentabelmente as prazas son limitadas,
polo que é importante reservar. Podedes facelo nas instalacións da B.P.M. “Valle-Inclán” de Redondela, da
Axencia Municipal de Lectura de Chapela ou no correo da asociación amigosbibliotecasredondela@gmail.com.
|
jueves, 29 de octubre de 2015
Ás voltas coas palabras
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)