O pasado venres, 5 de xuño, Pedro Bravo, profesor de filosofía
do IES Sabón de Arteixo, visitou a nosa vila; mais non para gozar das Festas da
Coca, senón para axudarnos a entender mellor e sacar un mellor aproveitamento da
nosa lectura de “O Grande Inquisidor” de Dostoievski.
O coordinador dos clubs de lectura de adultos das
bibliotecas preparou para nós, a modo de introdución, unha interesante
presentación de diapositivas.
|
Posteriormente, o noso compañeiro David Faro presentou a tan
especial convidado.
|
Debatemos, durante algo máis de dúas horas, sobre temas como a liberdade, Deus, a verdade, o poder, a humanidade... |
|
|
|
|
E quedamos con ganas de seguir. |